De seguir o control de gasto de Galicia, as comunidades terían reducido o déficit en 33.000 millóns

Ex conselleira e conselleira, reunidas en Madrid

O déficit das autonomías sería inferior en algo máis de 33.000 millóns de euros no período 2009-2011 se todas as comunidades tivesen o control que mantivo Galicia ao longo desta lexislatura, cun incremento do 4,7% do PIB fronte a un aumento do 7,8% de media, máis de tres puntos superior.

 Así o trasladou a conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, á secretaria de Estado de Presupuestos y Gastos del Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas e predecesora súa na Xunta, Marta Fernández Currás, con que se reuniu en Madrid para analizar cuestións comúns a ambas administracións. Ademais, ratificou o compromiso de Galicia coa estabilidade orzamentaria.

 Entre estas materias, Muñoz Fonteriz e Fernández Currás intercambiaron opinións sobre a Ley de Estabilidad que aproba hoxe o Executivo central, tendo en conta que foi a Comunidade galega a primeira administración en poñer en marcha una norma deste tipo o pasado mes de xuño.

 A titular de Facenda do Goberno galego tamén agradeceu á secretaria de Estado a sensibilidade do Executivo central coas comunidades autónomas para adiar as liquidacións negativas correspondentes aos anos 2008 e 2009, unha petición que liderou a Xunta de Galicia e que se negou a atender o anterior Goberno do Estado.

Ademais, Elena Muñoz Fonteriz tamén salientou que o Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas accedeu a adiantar a transferencia á Comunidade galega da metade da liquidación positiva do ano 2010, que permitiu que esta autonomía conte xa con 211 millóns de euros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar