Últimas entradas á venda para Les Luthiers na Coruña e Vigo

O quinteto arxentino Les Luthiers xa vendeu o 75 por cento das entradas dispoñibles na Coruña para o seu espectáculo ‘Lutherapia’ e o 90 por cento do aforo previsto en Vigo.

Tras pasar por Oviedo, o grupo actuará no Coliseum da Coruña (do 15 ao 18 de marzo) e no Auditorio Mar de Vigo (do 20 ao 24 de marzo). Do 25 de setembro ao 21 de outubro actuarán no Palacio Municipal de Congresos de Madrid.

A xira en España coincide coa celebración da súa 45 aniversario e ‘Lutherapia’ chega precedida dun éxito absoluto de crítica e de público nas súas primeiras actuacións en Latinoamérica.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar