Feijóo compromete ante a oposición defender aos empregados públicos

 

As medidas tomadas pola Xunta para paliar á crise económica y o funcionamento dos servizos públicos centraron as preguntas de oposición no pleno do Parlamento no que Feijoo comparece mensualmente.

O responsable do Goberno galego reiterou o seu compromiso de seguir defendendo aos empregados públicos e de non rebaixar “un euro a ningún empregado público” na lexislatura como si fixo o Partido Socialista. “Vou a seguir defendendo aos empregados públicos mentres sexa presidente da Xunta e o primeiro que vou facer é non mentirlles; segundo, non tomarlles o pelo; e, terceiro, recordar que País Vasco, Cataluña, Castela A Mancha, A Rioxa, Madrid, Valencia, Castela León e Navarra acaban de aprobar as medidas que nós aprobamos neste Parlamento”.

En resposta a unha pregunta do PSdeG, Feijóo lembrou que Valencia, Castela A Mancha e Cataluña volven a baixar as retribucións dos empregados públicos; “exactamente igual que vostedes –dixo, en alusión ao Partido Socialista-, que baixaron máis de 3.000 euros a un médico, máis de 2.500 euros a un profesor, máis de 2.000 euros a unha enfermeira e máis de 2.800 euros a un funcionario da Xunta de Galicia”.

O que segue é o desenvolvemento cronolóxico da comparecencia.


Pregunta da voceira do BNG, Ana Pontón, e resposta do presidente Feijoo


Réplica e contraréplica


Pregunta do voceiro socialista, Pachi Vázquez, e resposta do presidente

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar