Coren gaña o proceso xudicial das patas de polo

   A Xustiza dá a razón a Coren na demanda que a empresa vasca Outropolo interpuxo contra esta cooperativa agroalimentaria por un suposto delito de competencia desleal por apropiarse do seu mercado de patas de pollo en Asia.

Diso informou Coren nun comunicado, no que precisou que o Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, especialista en materia mercantil, ha dictado unha sentenza “na que outorga a razón a Coren” ao desestimar íntegramente a demanda de Outropolo.

“Nunha exhaustiva sentenza de 17 folios, rexeita íntegramente as pretensións da empresa vasca ditaminando que a actuación de Coren foi absolutamente correcta”, sinalou a cooperativa galega.

Tras asegurar que o mercado chinés das patas de polo “non é un descubrimento” de Outropolo”, senón que é algo “coñecido polo sector dos pollos en España fai anos”, interpretou que “non hai motivo para cualificar de competencia desleal” a entrada nel. “É un mercado aberto a calquera oferta comercial”, remarcou.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar