Protesta de funcionarios ás portas do Parlamento

Centos de funcionarios protestaron nas portas do Parlament en contra da “imposición” de recortes na Administración coincidindo co debate da Lei de medidas temporais para empregados públicos que este martes se aprobou por lectura única cos únicos votos a favor do PP –que ten maioría absoluta no hemiciclo– e o rexeitamento da oposición –PSdeG e BNG–.

Tras unha pancarta conxunta dos sindicatos CIG, CC.OO., CSIF e UGT co lema ‘Na defensa dos servizos públicos. Non aos recortes dos nosos dereitos’, os manifestantes concentráronse antes das 10.00 horas –momento de inicio do pleno– ante un nutrido grupo de policías que escoltaron en todo momento a entrada da Cámara autonómica.

Durante dúas horas, os manifestantes non deixaron de facer soar numerosas bucinas e pitos, apuparon con forza a cada coche oficial que accedía ou saía do Pazo do Hórreo e mesmo lanzaron un ovo.

Participaron na protesta distintas seccións sindicais das áreas de educación e sanidade –entre outras–, empregados públicos provenientes de varias cidades de Galicia e tamén o comité de empresa da Compañía de Radio Televisión de Galicia, tras unha pancarta que rezaba ‘En defensa da CRTVG. Por unha radiotelevisión ao servizo de Galicia’.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar