Tres incendios forestais con 90 hectáreas afectadas na fín de semana

A seca da vexetatación pola auxencia xa alarmaente de choiva provocou esta fín de semana tres incendios forestais que arrasaron en conxunto 90 hectáreas.

No Concello ourensán da Mezquita, parroquia de Chaguazoso, xa está extinguido un incendio  que afectou a 24 hectáreas de monte raso e unha arborada. O lume permaneceu activo durante boa parte da noite do sábado e quedou extinguido na mañancinha do domingo.

Tamén en Ourense, no municipio de Calvos de Randín, e concretamente na parroquia de Randín, iniciouse un lume sobre as 9.00 horas deste
domingo e puido ser extinguido polos equipos de emerxencia sobre as 14.10
horas.

Segundo as primeiras estimacións da Xunta, a superficie afectada foi de 30 hectáreas, das
cales 20 son de monte raso e 10 de superficie arbolada. Nos labores de
extinción traballaron unha brigada e unha motobomba.

Finalmente, a  Consellería do Medio Rural e do Mar informou
dun incendio forestal rexistrado onte no municipio lucense de As
Nogais.

O  lume, que tivo lugar na parroquia de Noceda, iniciouse  este domingo ás 7.15  e quedou
controlado a unha da tarde.

 

 

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar