Henrique Monteagudo accede á Academia Galega reflexionando sobre o «cataclismo» do galego

O filólogo e secretario do consello de la Cultura Galega (CCG)  Henrique Monteagudo ingresou na Real Academia Galega como membro numerosario cun discurso no que expresou a sua preocupación polo retroceso do idioma galego e apostou por «defender, cultivar e promover» a lingua.Monteagudo, na sua toma de posesión como académico da Galega

Na súa intervención, o novo membro da institución reflexionou sobre «a grave crise» que «sofre a lingua galega», un «cataclismo que se inscribe noutro moito máis amplo» e que está a dar lugar «a un modelo económico, social e cultural» que «ameaza con engulir as conquistas de traballadores, vincular á escravitude á maioría do xénero e destruír definitivamente o patrimonio cultural do que forma parte inseparable a diversidade lingüística».

Así mesmo, cualificou de «falacia» a contraposición entre «normalización do galego e liberdade lingüística». «É unha falacia que nace tanto dunha serie de malentendidos da primeira como de lecturas tendenciosas da segunda», sentenciou.

Fronte a elo, asegurou que a «liberdade lingüística é unha condición esencial da normalización», do mesmo modo que a normalización é condición esencial da liberdade lingüística». Así, puntualizou que a normalización «ben entendida» ten como obxectivo establecer «as condicións do exercicio da liberdade dos falantes».

«A imposición do galego é unha falacia. Se o galego é un dereito fundamental en Galicia, carece de sentido falar de imposición do galego o seu territorio», asegurou antes de sinalar que, «o que en realidade acontece é que hai persoas e estamentos sociais que aspiran a vivir e desenvolverse en Galicia ignorando a súa lingua».

ACADÉMICO NUMERARIO

O secretario da RAG, Xosé Luis Axeitos, foi o encargado de abrir o acto, coa lectura da certificación do acordo no que se determinou a celebración da sesión de ingreso do profesor; mentres que, a académica numeraria Rosario Álvarez Blanco respondeu, en nome da institución, ao discurso pronunciado por Monteagudo.

Ao acto acudiron, entre outras autoridades, o coselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; os membros da academia; diversas personalidades da cultura galega e políticos como os deputados socialistas Francisco Cerviño ou Xaquín Fernández Leiceaga.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar