Plataforma dixital para a busca de emprego das galegas

 

O  proxecto ven de ser presentado publicamente, chámase «Destino Empleo» e consiste unha plataforma dixital para as mulleres galegas que queiran mellorar as súas habilidades e competencias á hora de atopar emprego ou por en marcha o seu su propio negocio, promovido pola Asociación de Empresas TICs de Galicia, AGESTIC.

A plataforma Destino Empleo ten capacidade para seguir  o itinerario de aproximadamente 550 usuarias, tal e como se puxo de manifesto no acto de presentación, celebrado na Confederación de Empresarios de Lugo coa presencia da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella; do presidente de AGESTIC, José María López Bourio; da presidenta da Asociación IDEM de Cantabria, Montserrat Peña, da presidenta de AFAMMER, Pilar Osorio; e da concelleira de Muller e Igualdade de Logroño e diputada no Congreso, Concepción Bravo.

Colaboran no proxecto a Asociación de Familias e Mulleres Rurais de Galicia, AFAMMER, que ten entre os seus obxectivos reivindicar o protagonismo feminino no desenvolvemento do mundo rural, e a Asociación IDEM de Cantabria, con experiencia en proxectos de igualdade de xénero e sociedade da información.

A igualdade nas TICS

Este proxecto, aprobado polo Plan Avanza do Ministerio de Industria, é unha experiencia piloto innovadora para contribuir á igualdade nas TICs, utilizando os servizos dispoñibles na rede. Plantexa un itinerario on-line en forma de mapa de metro para fomentar e mellorar o emprego, o autoemprego e o espíritu empresarial das mulleres que estean en situación de desemprego e desexen buscar traballo por conta allea ou iniciarse nun proxecto empresarial.

Destino Empleo está deseñado para aumentar o número de mulleres na sociedade da información, partindo da creación da súa identidade dixital, para a creación de empresas promovidas por mulleres mediante os servizos dixitais dispoñibles na rede por medio dun sistema virtual, que non esixe tempo presencial e resulta polo tanto conciliador e compatible coas circunstancias personais e familiares de todas as potenciais usuarias.

A plataforma ten capacidade para que unhas 550 mulleres galegas realicen este intinerario de forma on-line e gratuita, co apoio de persoas especializadas en orientación laboral, mediante técnicas de busca efectiva de emprego e asesoría a emprendedoras para crear as súas propias empresas grazas ás TICs, baixo o criterio de superar problemas como o teito de cristal ou a conciliación da vida familiar e laboral.

O punto de partida do itinerario está na web

www.destinoempleo.org, na que a partires de hoxe poden inscribirse as interesadas e estará operativa en abril para que cada usuaria poida elexir o itinerario que máis se axuste ao seu perfil e expectativas, co apoio e asesoría axeitados.

665.000 euros de Igualdade para emprendemento feminino

As vantaxes do uso das redes sociais de tipo profesional ou dos blogs personais orientados ao emprego son algunhas das claves do itinerario, que facilita cuestións como o plan de negocio, o plan de márketing ou as posibilidades de financiación.

Susana López Abella destacou no acto o presuposto de 665.000 euros para apoiar o emprendemento feminino a través do programa Emega, que a Secretaría Xeral da Igualdade convoca anualmente e que este ano, por primeira vez, vai estar vinculado á conciliación, como factor determinante na construcción dunha sociedade igualitaria.

Entre as medidas directas de conciliación da Secretaría da Igualdade, citou como exemplo a liña de axudas para homes que reducen a súa xornada laboral para conciliar e atender aos seus fillos e fillas menores, dotada este ano con 375.295 euros, á que se acolleron no bienio 2010-2011 un total de 425 homes, con axudas que poden chegar aos 3.600 euros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar