Morre o artista Leopoldo Novoa


O artista pontevedrés Leopoldo Nóvoa faleceu este xoves en Paris, onde simultaneaba residencia xunto con Galicia, aos 91 anos de idade.

Nacido en Salcedo, Pontevedra, en 1919, e fillo dun diplomático, viaxou por primeira vez a América con sete anos, onde comezou a pintar, debuxar e modelar. De volta en Galicia en 1929, desenvolveu o seu faceta artística ata que regresou coa súa familia de novo a Uruguay, onde residiría ata 1947.

En 1965, o artista trasládase a Paris, onde traballa intensamente durante os seguintes anos, aínda que simultaneando esta residencia con longas tempadas en Armenteira (Meis, Pontevedra), onde tamén dispoñía dun estudo.

Internacionalmente recoñecido, expuxo en galerías de Bos Aires, Nova York, Punta do Leste, Montevideo, Dublín, Madrid, Italia, Bélgica, Parides, Lima, Bogotá e Quito, entre outras, así como en varias cidades galegas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar