Una nova Lei de Montes servirá para repoboar e impedirá a parcelación

A primeira Lei de Montes galega, que iniciará a súa tramitación parlamentaria tras recibir a luz verde do Executivo autonómico, obrigará a reinverter parte dos beneficios obtidos tras unha talla para repoboar e impedirá a división de parcelas por debaixo de15 hectáreaspara «loitar contra o minifundismo», segundo anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, que compareceu co presidente ao termo da reunión semanal do Goberno, concretou que, cando os montes sexan públicos destinarase ao fondo de reinvestimento máis do 40 por cento dos beneficios, sempre que a talla non sexa consecuencia dunha praga, un incendio ou unha catástrofe natural. Neste caso, destinarase «o cen por cento», agás que haxa un seguro que cubra os danos.

No caso dos propietarios privados, a porcentaxe a reinverter determinarano os plans de ordenación das propiedades forestais, engadiu Quintana, quen tamén avanzou que a normativa regulará novos convenios cos concellos para a xestión de biomasa en terreos de propietarios descoñecidos, o que permitirá facer máis efectiva a loita contra os incendios forestais.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar