‘Forum Cidade’ converte Santiago en referente gastronómico

O Concello de Santiago pon en marcha, desde hoxe e ata o próximo 28 de febreiro, programa de actividades gastronómicas, o Forum Cidade, co obxectivo de situar á capital galega como referente gastronómico, con este complemento do Forum Gastronómico.

O Forum Cidade arrinca este xoves co Forum Tapas, actividade que se prolongará ata o día 28 e na que 12 locais gañadores do ‘Santiago(é)tapas’ elaborarán unha Tapa Forum, a un prezo de dous euros.

Ademáis, durante o mesmo período tamén se celebrará o Forum Noite, no que varios establecementos ofrecerán unha Copa Forum que poderá consumirse a un prezo de catro euros e observando diferentes exhibicións de elaboración de ‘gintonic’.

Xa na tarde do venres, o Centro de Formación e Cultura da Asociación Hostalería Compostela acollerá o taller ‘Cociña con Café’. Unha xornada na que o Hostal dos Reis Católicos será escenario dunha charla sobre a dieta atlántica a cargo de dous profesores da USC e unha mostra de ‘Ópera e gastronomía’.

Tamén o día 24 terá lugar ‘Cinecea’, na que os participantes terán un pase privado da película ’18 comidas’, que transcorre en Santiago, para a continuación degustar unha cea inspirada na película elaborada por Pedro Roca. No evento estará o director da obra, Jorge Coira, con quen os asistentes poderán compartir as súas impresións.

‘MERCO E COCIÑO’

Durante toda a xornada do sábado, día 25, celebrarase o ‘Merco e Cociño’, unha actividade na que os participantes acudirán á Praza de Abastos cun cociñeiro para facer a compra e despois ir á cociña do restaurante Abastos 2.0 para preparar os diferentes produtos.

Así mesmo, ademais de talleres diarios para os máis novos, outra das iniciativas «cumes» do Forum Cidade será a preparación dun cocido na Praza de Abastos, tamén o venres, a cargo dos grupos gastronómicos ‘Grupo Nove’, ‘Grupo Gourmand’ e ‘Xantares’.

Ademais, o domingo 26 terá lugar outra das actividades «máis destacadas», a ‘Gastronovena’, na que 17 cocineros, entre os que se atopan algúns con Estrelas Michelín como Pepe Solla ou Beatriz Sotelo, presentarán as súas elaboracións en oito establecementos da cidade a un prezo de dous euros.

Programa

Variado, plural, representativo, reflexivo, rigoroso, profundo, útil e atractivo. O programa do Forum Gastronómico Santiago 2012 é todo nun e un para todos. Construído desde a vontade de servizo ao sector e coa vocación de seguir sendo o punto de encontro dos profesionais e amantes da gastronomía, o noso programa reúne os principais ingredientes do máis completo menú gastronómico.

Podedes consultar todo o programa nesta sección

Domingo         Lúns        Martes

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar