Os embalses galegos, á metade da sua capacidade

A reserva de auga galegos mantense nos niveis de hai unha semana, sen progresión positiva algunha e máis de dez puntos por debaixo da media nacional, situándose na metade da sua capacidade, exactamente o 51 por cento, segundo os datos facilitados este martes polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Deste xeito, a conca Galicia Costa mantense como a semana pasada en 367 hectómetros cúbicos de auga embalsada e a Miño-Sil segue con 1.551. A primeira sitúase ao 53,7 por cento da súa capacidade, mentres que a Miño-Sil atópase ao 51,2 por cento, segundo os datos do ministerio.

En total, os embalses españois están ao 62,4 por cento da súa capacidade total, con 34.705 hectómetros cúbicos de auga embalsada, o que representa un aumento durante este periodo de 204 hectómetros cúbicos (o 0,4%) con respecto aos niveis da semana anterior.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar