O Bloque esixe aos escindidos o cese como concelleiros

O Consello nacional do BNG, onte á noite
A dirección do BNG chama aos escindidos que se deran de baixa como militantes e que ocupan cargos públicos en concellos galegos a entregar as súas actas de concelleiros, unha situación que afecta directamente o “número dous” do Encontro Irmandiño e alcalde de Teo, , Martiño Noriega.

A ejecutiva nacionalista entende que estes cargos públicos ou seren elixidos en listas do Bloque deben renunciar os seus postos como concelleiros e engade de que, no caso de non facelo, “imos instar a que abandonen os grupos municipais”, en sutil referencia ó inico de accións ante os tribunais de xustiza.
Por outra parte, o BNG instou os concelleiros nacionalistas no concello coruñés de Cee a que retieren a moción de censura presentada xunto co PP contra o alcalde independente Ramón Vigo, Esta moción foi formalizada o pasado dia 17, conta co apoio da dirección xeral do PP e pretende retirar da alcaldía a un alcalde imputado por supostos delitos na chamada “Operación Orquesta”, que investiga unha trama de corrupción en varios concellos da Costa da Morte.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar