O PP de Teo acusa ao irmandiño Noriega de abandoar as funcions de alcalde

O voceiro do PPdeG en Teo, José Manuel Guerra, acusou o alcalde nacionalista desta localidade coruñesa, Martiño Noriega, de «deixación de funcións» e demandou que aclare «canto antes» a situación na que quedará o Goberno municipal despois da marcha do Encontro Irmandiño -do que é cabeza visible xunto a Xosé Manuel Beiras- do Bloque Nacionalista Galego.

 

En rolda de prensa celebrada este sábado en Teo (A Coruña), e acompañado polos outros cinco concelleiros do PP, Guerra criticou «o abandono de responsabilidades» do rexedor nacionalista, no que considera «unha situación de evidente ingobernabilidad» no Concello.

Guerra manifestoy «ser profundamente respectuoso» co papel de Noriega no Encontro Irmandiño, ó tempo que salientou que esta situación «ten o límite claro» establecido, ao seu parecer, «cando o alcalde baixa a garda no seu traballo diario ou, directamente, deixa de cumprir as súas funcións como tal».

A xeito de exemplo, os populares censuran que o alcalde non asistiu o venres pola tarde «ás comisións informativas que lle correspondían», polo que Guerra demanda saber: «Que ocupa a Martiño Noriega nestes momentos que esixa a ausencia das súas responsabilidades municipais?».

Segundo os populares, «non é a única proba» de «abandono de funcións» no Concello «debido aos erros de procedemento na elaboración dos presupostos», que José Manuel Guerra considera «impropios dun alcalde con cinco anos de mandato».

VECIÑOS «en ASCUAS»

«É moi evidente pois, que nos últimos meses a cabeza do alcalde non está en Teo», criticou o PPdeG para denunciar que Martiño Noriega «se permite ter en ascuas a situación dun concello de 20.000 habitantes durante semanas cando se pode resolver en poucas horas».

A isto engaden os populares que «se fale de Teo como un obxecto de intercambio» entre o BNG e o Encontro Irmandiño, mentres «os grandes prexudicados son os veciños».

«Temos o pleno convencemento de que cando o señor Noriega iniciou a súa aventura ‘irmandiña’ pensou exclusivamente na súa persoa e no seu partido», reprocha Guerra, para apostilar que, en cambio, «non pensou en Teo».

Todo iso, o día despois de que un total de seis concelleiros do equipo de Goberno de Teo formalizasen a súa baixa no BNG, aínda que o primeiro tenente de alcalde deste concello coruñés, Rafael Sisto, asegurou que a gobernabilidade está garantida porque existe un compromiso dos outros edís elixidos na lista nacionalista «para colaborar en que isto funcione».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar