O capitán Nemo volve á illa de San Simón

A peza central do conxunto escultórico realizado por Ramón Lastra e Sergio Portela xa está colocada de novo, entre a praia de Cesantes e a Illa de San Simón, nun novo pedestal.

A finais de 2011, a Fundación Illa de San Simón, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, detectou que a antiga base que sostiña a estatua do Capitán Nemo sufría un grave deterioro. Tras as oportunas avaliacións, a Fundación entendeu que a estabilidade da estatua corría risco, e que a chegada dos primeiros temporais podería supor o colapso da estrutura e mesmo a perda da estatua.

Por esa razón, no mes de novembro, a estatua do Capitán Nemo foi retirada e se procedeu á inmediata restauración do pedestal. Tras unha completa restauración e recolocación a figura volverá a presidir a ensenada de San Simón, situada sobre unha estrutura maciza que permitirá a súa maior duración.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar