Homenaxe a Fraga no Congreso de Sevilla

Manuel Fraga. O seu nome e o seu recordo estiveron presentes no Congreso que o Partido Popular celebra en Sevilla desde a posición de partido no Goberno de España.

Un mes despois da sua morte, a lembranza estivo presente, moi emotivamente, nunha montaxe audiovisual na que Feijóo, Aznar e Rajoy e outros dirixentes do partido relatan as suas relacións. O actual presidente do Goberno detalla recordo recente de cando o visitou na sua casa de Madrid pouco despois de gañar as eleccións do 20 de novembro de 2011 e pouco antes da sua morte.

Este foi o recordatorio e a homenaxe a Manuel Fraga no primeiro Congreso do PP no que está ausente.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar