Falso tremor de terra en Vigo e un auténtico en Tobada

Unha voadura controlada no Porto de Vigo provocou un falso movemento sísmico que se sentiu a primeira hora da tarde deste venres en varias rúas do centro da cidade.O tremor, dunha magnitude de 1,7, segundo os datos solicitados polo Instituto Xeográfico Nacional, sentiuse sobre as 15.55 horas na zona das rúas Areal, Rosalía de Castro e García Barbón, se ben tamén se percibiu en Julián Estévez. Veciños desta zona da cidade chamaron á Policía e ao 112 alertando de que sentiran o tremor.
O Instituto Xeográfico Nacional descartou que a vibración se debese a un terremoto –debido ao aspecto que presentaba a onda–, polo que efectivos de Policía Local e Nacional se desprazaron á zona para indagar que podería causar o tremor.
Así, fontes policiais confirman que se realizou unha «voadura controlada» nunhas obras en zona portuaria, e que foi esta a que causou a vibración que sentiron os veciños da zona do Areal, Rosalía de Castro e García Barbón.

TREMOR AUTÉNTICO EN TABOADA
Por outra banda, o Instituto Xeográfico Nacional detectou un terremoto de intensidade 1,9 en Taboada (Lugo), e que aconteceu uns minutos antes do tremor de Vigo, ás 15.48 horas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar