Preto de 800 persoas acolléronse á redución de xornada para conciliar

Un total de 786 persoas beneficiáronse da medida de redución da xornada laboral para conciliar a vida familiar e laboral dende o inicio da lexislatura, de elas 562 eran homes, 220 mulleres de familias monoparantales e outras catro con fillos ou fillas con algunha minusvalidez.

Así destacouno a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, en resposta a unha pregunta do Grupo Popular na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego, na que precisou que no ano 2011 foron 200 as persoas beneficiadas: 148 delas homes, 51 familias monoparentais e unha con fillos con algunha minusvalidez.

López Abella incidiu en que a conciliación e a corresponsabilidade son «dous factores estreitamente vinculados e absolutamente necesarios para lograr a eliminación das desigualdades». «Si creo na conciliación e é necesaria», esgrimiu, para engadir que é «consciente»»do difícil que é».

Ao respecto, destacou que en 2012 Igualdade destina un presuposto de 855.358 euros para medidas de conciliación. As axudas estrutúranse en tres liñas de acción. Por unha parte sinalou as dirixidas aos concellos para fomento de medias como bancos de tempo ou plans de programación de tempo, aos que apotan 217.563 euros.

A esta suma, o poio ás actividades extraescolares, cunha dotación de 262.500 euros para este curso escolar; e a través da liña de fomento da redución de xornada laboral, dirixida especificamente aos homes e tamén ás mulleres nais de familias monoparantales, que consta este ano cun presuposto de 375.295 euros.

«Debemos seguir traballando para remover os obstáculos que o fan complicado, pero co esforzo de todos podemos conseguilo», sentenciou a secretaria xeral de Igualdade da Xunta.

CIM

Por outra banda, en resposta a outra pregunta do Grupo Popular sobre os centros de información ás mulleres (CIM), López Abella destacou que está en desenvolvemento un protocolo que permitirá aos traballadores dos CIM unha xestión de maior calidade no seu traballo. Segundo avanzou, estará operativo no primeiro semestre deste ano.

Segundo explicou, o protocolo, que se atopa na segunda fase, está baseado nunha metodolofía que asegure un modelo de calidade e «boas prácticas» na actividade diaria destes centros co fin de mellorar os servizos prestados á cidadanía.

Esta metodoloxía busca promover redes de intercambio de información, experiencias e resultados; así como crear plataformas de experimentación para o desenvolvemento conxunto de servizos que fomenten novos enfoques de xestión e dinamizar as actuacións dos centros de información as mulleres que, segundo recalcou López Abella, «son de grande utilidade».

Ademais, a secretaria xeral destacou «a involucración dos concellos» e defendeu o traballo para «ir mellorando pouco a pouco o funcionamento dos CIM» para ofrecer unha «mellor atención ás persoas que o demandan».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar