Galicia mantén o máximo rating

 

Galicia mantén o máximo rating posible que lle pode outorgar Moodys tendo en conta que esta axencia de cualificación non permite que unha comunidade de réxime ordinario, excluídas as forais, teña un rating superior ao do Estado soberano.

A nota que outorga Moodys a Galicia, A3, a mesma que ten o Estado, define como de boa calidade o investimento crediticio da débeda da comunidade e confirma a esta autonomía entre as mellores valoradas do conxunto de España.

Galicia é a comunidade que máis pasos ten dado no compromiso da consolidación fiscal, con ferramentas como dotarse dun teito de gasto por lei e dunha regra fiscal asociada ao ciclo económico. É ademáis, xunto a Madrid, a única autonomía que cumpriu tanto no ano 2009 como no exercicio 2010, o obxectivo de estabilidade orzamentaria.

A Comunidade galega asemade, mantivo a débeda por debaixo da media nos dous últimos exercicios e continúa como unha autonomía fiable para os mercados, pois foi unha das poucas autonomías que conseguiu pechar o ano pasado o seu programa de endebedamento. A pesar diso, conseguiu ter un ratio débeda-PIB por debaixo da media española.

Nun momento en que a débeda sobe en todas as administracións, Galicia, presenta unha mellor posición comparativa, respetando sempre os límites autorizados polo Consejo de Política Fiscal y Financiera .

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar