Pachi Vázquez cree que terá rival no congreso de marzo

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez,  asegurou que «é posible» que se presente un candidato alternativo a el no congreso no que se elixirá ao líder socialista galego o próximo mes de marzo, porque «cando se fai un congreso é para que se presenten candidatos».

Nunha entrevista na Radio Galega sinalou que Galicia «necesita» un PSdeG «forte», e unha «alternativa política» ao PPdeG. «Galicia está a ferver, o naval, o funcionariado, os sanitarios,», relatou o secretario xeral dos socialistas galegos, quen criticou a xestión do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e mostrouse  «convencido» de que haberá adianto electoral baseándose nas noticias que transcenden sobre «presións» ao presidente do Executivo autonómico, ao tempo que

Vázquez amosouse   «satisfeito» co resultado do Congreso en Sevilla, do que destacou a presenza de el mesmo, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira e deputada Carmela Silva. «Cantos máis galegos, mellor,» subliñou Pachi Vázquez, quen asegurou, preguntado por Francisco Caamaño, que «o PSdeG necesita a todos», porque é «un partido de goberno».

POSIBILIDADE DE GOBERNAR

De feito, a este respecto, mostrouse seguro de que en «oito ou 12 meses» os socialistas «terán a posibilidade moi importante» de volver gobernar este país, e a iso, agregou que o PSdeG é un partido con «experiencia de goberno», tanto nas deputacións, coma en concellos, como no Estado diferentes responsabilidades.

Sobre José Ramón Besteiro, manifestou que é un «candidato de luxo» para liderar a provincia de Lugo, pero quixo deixar que sexan os militantes os que decidan. «É un gran candidato», describiu, en todo caso, Pachi Vázquez, quen apostou por «non dramatizar» sobre a existencia de críticos contra a súa xestión na provincia de Pontevedra.

Por outro lado, e preguntado pola situación interna que vive o BNG, no que distintas sensibilidades debaten a súa saída da fronte, Pachi Vázquez se mostrou «respectuoso» e recordou que «entre o 13 e o 17 por cento dos galegos se senten nacionalistas», co que confiou en que o Bloque «pueda colmatar o proceso», do cal destacou a súa «democracia».

En canto á proposta de revisar os acordos coa Santa Sé, Pachi Vázquez considerou que sendo a Igrexa unha gran «terratenente», no caso de Santiago «dona da metade» da cidade, é «inxusto» que non pague o IBI que si achega o resto de cidadáns.

Durante a entrevista, Pachi Vázquez incidiu en que «Galicia está a ferver literalmente» e criticou a xestión de Feijóo, entre outras cuestións, por levar sin «pagar facturas dende xullo do pasado ano. «Así cadra as contas», reprobou, para botalo en cara que iso supón máis despedimentos.

O secretario xeral do PSdeG recordou que na páxina web dos socialistas galegos están escritas «2.000 propostas» deste partido para saír da crise, entre as que se atopa destinar o 1 por cento do PIB a políticas activas de emprego.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar