«Encontro irmandiño» é a terceira forza escindida nun BNG escachado

Xosé Manuel Beiras abandona co Encontro Irmandiño o BNG, a fronte nacionalista que contribuíu a fundar en 1982, despois da XIII Asemblea Nacional do BNG que se celebrou a última fin de semana de xaneiro e no que o histórico nacionalista que levou á formación ás súas cotas máis altas no Parlamento galego nos anos 90 pretendía un proxecto de «rexeneración democrática e refundación» que, ao seu xuízo e o da asemblea dos ‘irmandiños’, non se cumpriu.

Na mesma fín de semana , a Mesa »nacional» de Esquerda Nacionalista acordaba, por unanimidad, a súa saída do BNG, determinación que agora someterá a consulta dos afiliados para  »trasladar á militancia a decisión de abandonar o Bloque Nacionalista Galego (BNG) para que sexa tomada en consideración pola asemblea soberana, como máximo órgano».

Pola súa banda, o Partido  Nacionalista Galego (PNG), integrado na fronte nacionalista, convocou para o próximo 17 de marzo un congreso extraordinario en Vigo  no que decidirá sobre si permanece ou non no seo do BNG, aínda que o sentir maioritario da dirección é que o proxecto saído do congreso  non se corresponde con «o que defende» esta formación.Así o confirmou o secretario xeral do PNG, Xosé Mosquera, que no pasado cónclave nacionalista apoiou a candidatura impulsada por Máis Galiza e o Encontro Irmandiño como «un novo proxecto común». Ademais, este partido ten a un dos seus membros, Luís Seara, no Consello Nacional do BNG.

Canto á  saída de Beiras e os «irmandiños» , –que participou como corrente crítica na asemblea extraordinaria do BNG en 2009 e despois de constituíu en partido en 2010– , aprobouse en asemblea este domingo en Santiago por aclamación.

A esta situación hai que sumar baixas individuais dos últimos días, como a do exsenador Xosé Manuel Pérez Bouza, ou a renuncia da súa acta como parlamentaria na Cámara galega de Teresa Táboas, a saída do BNG da cal tamén é previsible; xunto coa baixa solicitada pola exsecretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG) Lidia Senra.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar