En Galicia chove un 30 por cento menos

   O ano 2011 rexistrou un 32 por cento menos de precipitacións en Galicia respecto ao valor normal, e houbo unha situación anticiclónica persistente entre os meses de abril e outubro, que derivou nunha seca prolongada, segundo recolle o informe climatolóxico correspondente ao exercicio pasado elaborado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas –a través de MeteoGalicia–.

O ‘Informe climatolóxico de 2011’ destaca a situación anticiclónica persistente entre primavera e outono, que ocasionou escaseza de chuvias e altas temperaturas cun episodio de seca prolongado.

En concreto, o mes de abril foi o de maior anomalía positiva de temperatura (+4,5 graos) –con 15,4 graos fronte á media de décadas anteriores de 10,9 graos– e no que a chuvia recollida foi unha 44% menos que o valor climático (1971-2000). Outro mes especialmente caloroso foi o mes de maio, con temperaturas por enriba do normal (+2,7º graos) para esta época do ano e precipitacións un 64 por cento menores da media climática.

Pola súa banda, entre xullo e agosto rexistráronse temperaturas máis baixas do normal debido á presenza de aire frío e as precipitacións distribuíronse de forma moi heteroxénea nestes meses, sendo a zona de Ás Rías Baixas a máis húmida.

A temperatura máxima rexistrouse en Arnoia con 42 graos no mes de xullo, mentres que a máis baixa foi no mes de decembro en Calvos de Randín con -10 graos.

DESCENSO DE PRECIPITACIÓNS

No tocante ao descenso de precipitacións, en 2011 rexistráronse preto de 900 litros por metro cadrado, polo que houbo un 32 por cento menos respecto ao valor normal.

As diferenzas máis destacables rexístranse en setembro e decembro, onde houbo case 100 litros por metro cadrado de media, mentres que no período anterior houbo 200 litros por metro cadrado.

A zona oeste da Comunidade rexistrou os valores máis altos de precipitacións, debido aos ventos de compoñente sudoeste que deixan cuantiosas precipitacións nesta rexión.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar