Seguen os abandonos poscongresuais do BNG

A deputada e exconselleira de Vivenda, Teresa Táboas, remitiu unha carta ao voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, na que comunica a súa «intención de renunciar ao escano» que ocupa en representación da formación nacionalista. Pola sua parte, o ata hai pouco senador pola circunscripción de Ourense,  Xosé Manuel Pérez Bouza recoñece que valora a posibilidade de abandonar a organización frentista.

Taboas dí no seu escrito que  «dende o meu afecto e consideración, e coa petición de que a traslades aos órganos de dirección que corresponde, quero manifestarche a miña intención de renunciar ao escano que ocupo en representación do BNG no Parlamento galego»,.

Perez Bouza debátse entre pasar a ser afiliado de base ou darse de baixa no Bloque

As decisións son consecuencia dos resultados do recente Congreso do BNG no que a UPG mantivo a sua hegemonía na dirección política fronte a alternativa de Maís Galicia e Os Irmandiños, de Beiras.

Esa foi tamén a causa do abandono por parte do deputado Aymerich da portavocía do BNG no Parlamento de Galicia e o seu relevo por Ana Pontón.

O próximo domingo, os grupos disidentes da dirección oficial celebrarán unha asamblea na que optarán por seguir na fronte nacionalista ou abanonala e artellar unha formación política nacionalista propia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar