Mostra de fotoxornalismo na Galería Caroní


Hoxe, ás 20.00 a Galería Caroní situada na compostelana Rúa do Vilar 21, acollerá a inauguración da exposición “Os nosos gráficos, as súas imaxes”.

Trátase dunha  iniciativa da Fundación Araguaney en colaboración coa Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia, formada por 36 fotografías, de 18 fotoxornalistas galegos, que foron tomadas ao longo do pasado ano para ilustrar noticias aparecidas en prensa.

“Os nosos gráficos, as súas imaxes” pretende recoñecer o traballo dos fotógrafos de prensa. Para iso o único requisito que se lles pediu é que as fotografías fosen tomadas o pasado ano, feito que permitirá ao público construír unha imaxe gráfica do que foi o 2011. A Fundación Araguaney reunirá o traballo de redactores gráficos de diferentes xornais e axencias de noticias de toda Galicia nesta mostra. Desta forma poderase apreciar unha gran variedade temática nas fotos. Desde retratos de coñecidos artistas galegos, ata un rescate en helicóptero nas costas de Fisterra, pasando por diferentes momentos políticos e sociais de gran relevancia. A inauguración do aeroporto de Lavacolla, o 15 M, fotografías curiosas sobre políticos galegos e imaxes dalgunha festividade de Galicia poderanse ver nesta mostra.

 

INAUGURACIÓN: 9 de Febreiro de 2012.

DATAS DA EXPOSICIÓN: Do 9 de Febreiro ao 9 de Marzo.

HORARIO: Luns a Venres de 10,30 a 14,00 e de 16,30 a 20,00. Sábados de 11,00 a 14,30

MÁIS INFORMACIÓN,  www.fundacionaraguaney.org

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar