Coordenación para unha mellor protección das vítimas de violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, considera necesario optimizar os mecanismos de coordinación entre as administracións e compartir toda a información dispoñible, co obxectivo de incrementar a protección das vítimas de violencia de xénero. Así o transmitíu esta mañá ao secretario de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, Juan Manuel Moreno, no trascurso da xuntanza celebrada en Madrid e que representa o primeiro encontro mantido entre a Xunta e o Goberno central en materia de políticas de igualdade, na lexislatura recén comezada.

Esta primeira toma de contacto, calificada pola responsable da Xunta como «eficaz e positiva», servíu para por de manifesto o obxectivo compartido de coordinar as políticas de igualdade. Susana López Abella transmitíu ao secretario de Estado a necesidade de extremar a coordinación, especialmente no ámbito das informacións relativas ás vítimas de violencia de xénero e aos seus agresores. Neste contexto, abogou por unha máis estreita colaboración entre as administracións e as forzas e corpos de seguridade do Estado ao obxecto de compartir as informacións dispoñibles que repercutan nunha maior protección das vítimas.

Acceso á identidade das vítimas con terminal móbil de protección

En concreto, a secretaria xeral da Igualdade puxo tres exemplos, referidos aos sistemas Atenpro, Viogen e de control de agresores por medios telemáticos, aos que a Xunta non ten acceso. No caso de Atenpro, baseado nunha tecnoloxía de telefonía móbil que ofrece ás mulleres unha atención permanente, inmediata e a distancia, cunha resposta rápida ás eventualidades que lles poidan sobrevir en calquera lugar no que se atopen, a Xunta carece de acceso á identidade das mulleres usuarias.

Outro tanto ocorre co acceso ao sistema informático de seguimento integral de violencia de xénero denominado Viogen, que agrupa e coordina todos os recursos operativos para protexer e asistir ás vítimas, e co sistema de seguimento de agresores por medios telemáticos. O Punto de Coordinación das Ordes de Protección da Secretaría Xeral da Igualdade somentes é informado do número de instalacións efectuadas, pero non da identidade dos homes con medios de control telemático.

A Secretaría Xeral da Igualdade considera que o acceso pleno a estes sistemas permitiría realizar un seguimento máis integral das vítimas e garantir unha asistencia social de maior calidade, evitando duplicidades ou solapamentos.

Asemade, na xuntanza abordaronse outros temas, como a data de convocatoria da vindeira Conferencia Sectorial de Igualdade ou as posibilidades de reanudar proxectos como o foro social contra a trata e a explotación sexual ou o Programa Clara, para inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar