Os sindicatos presionan sen dar alternativas, mentres a Xunta explica as medidas

 Os sindicatos de función pública CIG, CC.OO, UGT e CSI-CSIF  piden  conxuntamente á Xunta que retire as  propostas sobre os funcionarios plantexadas como medidas contra a crise e en favor do mantemento do emprego publico e ameazan  con mobilizacións.

Por unha parte, representantes dos catro sindicatos convocaron concentracións todos os xoves deste mes para protestar contra a proposta do Goberno galego, contidas nun anteproxecto de lei de  medidas no emprego público, que inclue  a posibilidade de reducir a xornada ata un terzo, co correspondente recorte do salario.

Os sindicatos «avisan»  a Feijóo de que,  «se quere convocar unha folga, que siga con estas medidas;  é a súa responsabilidade evitala». Engadiron que nos últimos tres anos os salarios dos empregados públicos baixaron un 13% e argumentan que as medidas con «asimétricas».

Pola sua parte, o director xeral de Función Pública, José María Barreiro, chama os sindicatos de función pública a negociación e o entendemento nunha situación de grave crise económica.  «Estamos a traballar en medidas que xa se adoptaron noutras comunidades autónomas», dixo, e referiuse, en concreto a que Madrid, Canarias, País Vasco, La Rioja e Valencia xa implantaron unha norma segundo a cal non aboan o complemento aos traballadores de baixa nos primeiros días desta. A proposta galega, engadiu, «non toca o complemento en caso de accidente de traballo, enfermidade profesional ou maternidade».

O director xeral da Función Pública , insistiu en que na proposta da Xunta de Galicia para mellorar a eficiencia na Administración autonómica está garantido que a redución de xornada dos funcionarios, como máximo dun terzo do seu horario, será sempre con carácter voluntario.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar