Centos de veciños despiden en Burela ó policía Maseda

Familiares, amigos e o presidente da Xunta, no funeral

   Centos de persoas despediron este venres na localidade lucense de Burela ao axente Rodrigo Maseda, un dos tres policías falecidos o pasado venres en augas da praia do Orzán, en A Coruña, mentres trataban de rescatar ao estudante eslovaco Tomas Velicky, que continúa aínda desaparecido.

   Dende a capela ardente, situada na Casa da Cultura de Burela, a comitiva fúnebre desprazouse ata a igrexa parroquial acompañada de centenares de persoas, entre veciños, coñecidos e numerosos compañeiros do falecido na Policía Nacional. O corpo de Rodrigo Maseda foi sepultado despois no cemiterio parroquial.

   Anteriormente, o secretario de Estado de Seguridade, Ignacio Ulloa, achegouse ata a capela ardente para impoñerlle a Rodrigo Maseda a Medalla de Oro ao Mérito Policial a título póstumo.

   Ao funeral asistiron, ademais o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o director xeral da Policía, Ignacio Cosidó; e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entre outras personalidades públicas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar