Rueda chama ós xestores de Novagalicia Banco a cumprir coas novas esixencias

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, mostrou o seu desexo de que os xestores de Novagalicia Banco, que son agora «os responsables» do proxecto desta entidade, «sexan capaces» de cumprir as novas esixencias da reforma financeira que anunciou o Goberno central este xoves e aproba o Consello de Ministros este venres.

En declaracións aos medios antes de presidir o Consello de Acción Exterior de Galicia, Alfonso Rueda confiou nas perspectivas do banco. «Nós esperamos que os xestores sexan capaces de levar ese proxecto a bo termo», manifestou Rueda, quen apelou á «esperanza e convencemento» dos propios responsables do proxecto.

De feito, Novagalicia Banco considerou este xoves que as novas esixencias de provisións do ‘ladrillo’ avanzadas polo Goberno central non alterarán os seus plans de capitalización e o seu proxecto en solitario.

Así as cousas, o conselleiro de Presidencia subliñou que espera que «así sexa» e póidanse cumprir as novas esixencias marcadas, posto que é «bo e fundamental para Galicia» seguir contando con «ese músculo financeiro» nunha entidade galega. «O que hai que desexar é que os xestores sexan capaces de cumprir esas esixencias», remachou.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar