O deputado popular Federico Trillo será nomeado chanceler de España nos Estados Unidos

 

O deputado popular Federico Trillo será nomeado nas próximas semanas chanceler de España en Estados Unidos, en sustitución do diplomático Jorge Dezcallar.

A decisión foi tomada a principios do pasado mes de xaneiro tras manter o deputado unha entrevista co Presidente do goberno Mariano Rajoy.

Fontes diplomáticas consideran o nomeamento de Federico Trillo como un reforzamento da importancia que España da ás súas relacións con Estados Unidos, o estar considerado o deputado popular como un peso pesado da política nacional.

Federico Trillo, que estivo en xaneiro en Londres para melloralo seu inglés, foi amais de Presidente do Congreso, ministro de Defensa e unha persona de confianza do líder do Partido Popular durante as dúas últimas lexislaturas na oposición.

Trátase da segunda ocasión en que a chancelería de España en Estados Unidos non será ocupada por un diplomático. A anterior o foi por Julian Santamaría en 1987 nun goberno de Felipe González.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar