Galicia mantén o máximo rating posible de StandardPoor´s

Galicia mantén o máximo rating posible que lle pode outorgar StandardPoor´s tendo en conta que esta axencia de cualificación non permite que unha comunidade de réxime ordinario, excluídas as forais, teña un rating superior ao do Estado soberano.

A nota que outorga StandardPoor´s a Galicia, A, a mesma que ten o Estado, define como de boa calidade o investimento crediticio da débeda da comunidade e confirma a esta autonomía entre as mellores valoradas do conxunto de España.

Galicia é un exemplo de compromiso coa senda de consolidación fiscal e a comunidade que máis pasos ten dado nesa dirección, con ferramentas como dotarse dun teito de gasto por lei e dunha regra fiscal asociada ao ciclo económico. Ademais, é, xunto a Madrid, a única autonomía que cumpriu tanto no ano 2009 como no exercicio 2010, o obxectivo de estabilidade orzamentaria.

Asemade, a Comunidade galega mantivo a débeda por debaixo da media nos dous últimos exercicios e continúa como unha autonomía fiable para os mercados, pois foi unha das poucas autonomías que conseguiu pechar o ano pasado o seu programa de endebedamento. A pesar diso, conseguiu ter un ratio débeda-PIB por debaixo da media española.

Así, nun momento en que a débeda sobe en todas as administracións, Galicia, que sempre respecta os límites autorizados polo Consejo de Política Fiscal y Financiera, presenta unha mellor posición comparativa.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar