Nova guía das case 600 casas de turismo rural

 

 A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, ven de publicar  a Guía de Turismo Rural 2012 na que se detalla toda a oferta de establecementos rurales da Comunidade.

   Esta guía publicouse en seis idiomas –galego, castelán, inglés, francés, alemán e portugués– e que recolle todas as posibilidades de aloxamento rural na Comunidade galega de acordo coa normativa vigente sobre Turismo Rural en Galicia.

   Deste xeito, na publicación detállanse as características dos 591 aloxamentos rurales galegos, dos que 167 radican na provincia da Coruña; 152 na de Lugo; 87 na de Ourense; e 187 na de Pontevedra.

   A Guía de Turismo Rural de 2012, da que se editaron un total de 65.000 exemplares, poderá atoparse nas feiras de turismo, nas oficinas turísticas e entidades de promoción turística, tanto nacionais como internacionais, e inclúe as coordenadas GPS dos establecementos rurales que se poderán descargar na web de Turgalicia.

O documento, en formato PDF pode ser baixado desta páxina

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar