Spanair deixa de voar

A liña aérea Spanair confirma a suspensión de operacións, o que supón a cancelación dos seus voos, e prevese que presentará concursos de acreedores a próxima semana.

Nunha nota, Spanair pide perdón aos usuarios prexudicados e xustifica a súa decisión na «falta de viabilidad financeira para os próximos meses», pola que «a compañía optou por cesar a operación dos seus voos como medida de prudencia e seguridade, e tomará todas as medidas legais pertinentes».

Nunha comparecencia ante os medios de comunicación durante unha pausa do consello de administración de Spanair, o presidente da compañía, Ferran Soriano, xustificou a decisión de suspender as súas operacións por «prudencia e seguridade» tras fallar as negociacións para incorporar a un socio e despois de que a Generalitat retirase o apoio financeiro á compañía.

Pouco antes de confirmar Spanair a suspensión das súas operacións, o Ministerio de Fomento deu por feito o cese das súas actividades e esixiu á aerolínea que cumpra coas súas obrigacións cos pasaxeiros, tal como establece a lexislación vigente.

O departamento que dirixe Ana Pastor constituíu en Barcelona un comité de coordinación e seguimiento permanente para garantir os dereitos dos viaxeiros afectados, segundo informou Fomento nun comunicado.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar