Cancelados hoxe seis voos pola folga de pilotos de Iberia

Un total de seis voos con orixe ou destino en Galicia foron cancelados este mércores, na que constitúe a quinta xornada de folga convocada polo sindicato de pilotos Sepla en Iberia.

En concreto, o aeroporto de Alvedro é unha vez máis o máis afectado, coa cancelación de catro enlaces. Así, non operarán durante este mércores os avións que unen A Coruña e Madrid ás 6.45 e ás 17.40 horas, así como os que operan entre a capital española e a cidade herculina ás 7.30 e ás 15.45 horas.

Pola súa banda, en Vigo cancelouse o enlace entre a cidade olívica e Madrid das 15.45 e o seu correspondente regreso, ás 17.35 horas. Pola súa banda, o aeroporto de Santiago non sufriu cancelaciones durante esta xornada de folga.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar