25 puntos de venda en 2012: obxectivo de Caramelo no Reino Unido

Caramelo continúa cos seus plans de expansión en Reino Unido, onde prevé alcanzar un total de 25 puntos de venda este ano tras asinar un acordo coa cadea de grandes almacéns House of Fraser, informou este mércores a firma galega.
Desta forma, a compañía abrirá catro corners en Machester, Birminghan, Cardif e Norwich, aos que se unirán outros próximamente co fin de lograr o obxectivo marcado para este ano.
A firma galega desembarcó o pasado ano en Reino Unido, cun ‘showroom’ en Londres, ao que segue agora o acordo subscrito coa firma House of Fraser, que conta con 62 grandes almacéns distribuídos en Reino Unido e Irlanda, cunha superficie de venda de 4,9 millóns de metros cadrados.
Caramelo está inmersa no seu plan de internacionalización, coa vista posta principalmente en Europa, con Reino Unido, Francia, Alemania e Rusia como países prioritarios, así como Asia e Oriente Medio como mercados en auxe e onde as marcas occidentais teñen unha gran acolleita.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar