Carrefour desconta o IVE aos xubilados

 

Carrefour anunciou que descontará o IVE do 4% ou 8% que se aplica a máis de 4.000 produtos de alimentación a aquelas persoas que acrediten ter máis de 65 anos, co fin de axudar a estes fogares a aforrar entre 225 e 250 euros anuais ante as perspectivas económicas para este ano.

Todos os produtos de carnicería, pescadería, frutería, panadería, charcutería, pastelería, pratos preparados, ovos, verduras, hortalizas e queixos beneficiaranse deste desconto, mentres que os lácteos non están incluídos na promoción polo momento. A cadea de supermercados apuntou que os produtos incluídos no plan representan o 65% das compras de alimentación que realizan os maiores de 65 anos, á vez que remarcou que o 82% deles proceden da agricultura e a ganadería rexional e local española, e as súas proveedores son nun 86% pymes españolas.

O plan se implantará en todos os establecementos da cadea, tanto nos hipermercados Carrefour, como en Carrefour Planet, Carrefour Market, Carrefour Express e a páxina web da compañía. Ademais, remarcou que o desconto prodúcese no acto e é compatible con calquera outra promoción e co desconto do 1% ao usar Carrefour Pass Visa.

Para beneficiarse deste desconto, as persoas maiores de 65 anos deberán darse de alta no Club Carrefour e obter a tarxeta 65+, coa que en cada compra acreditarán a súa condición de xubilados. Os trámites son totalmente gratuitos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar