Rueda: «un dos días maís tristes na historia de Galicia»

 

O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, afirmou que este é «un dos días máis tristes na historia do PPdeG e de Galicia», coa morte do presidente fundador do PP, Manuel Fraga, a quen se referiu como «unha persoa que tivo a valentía de formar un partido para dar resposta ás demandas e ás inquietudes da sociedade española».

   En palabras de Rueda, trátase dun partido que, grazas a Fraga, «pasou de ser unha formación mediana a ser o principal referente para millóns de españois». «O PP non gobernaría hoxe en Galicia, España nin en moitas comunidades si non fose pola audacia que mostrou no seu momento», reflexionou o popular.

   E é que, destacou o número dous do PP galego, o expresidente galego viviu «unha vida política intensa e na que levou a Galicia ata o centro da política nacional».

   Ao fío desta afirmación, remarcou que o político vilalbés, un dos pais da Constitución, será recordado «por todos e por todo o que fixo» e manifestou que o país «ten unha débeda de gratitud» cun deses políticos que, «desde a presidencia da comunidade», foi o responsable «da maior modernización levada a cabo en Galicia».

   En nome do PPdeG, Alfonso Roda trasladou, ademais, «solidariedade e apoio» coa familia e co pobo galego «nun momento tan complicado», convencido de que lles poderá chegar «o alento dos máis de 100.000 afiliados do partido».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar