Multiaventura ao longo dos meses de febreiro e marzo

O programa Roteiros, ofertará aos mozos e mozas galegos de entre 18 e 35 anos, do 3 de febreiro ó 25 de marzo un total de 336 prazas en estadías de fins de semana multiaventura.

A iniciativa, que desenvolve cada ano a Consellería de Traballo e Benestar, terá lugar na provincia da Coruña, no albergue de Gandarío e no aeródromo da Fervenza no concello de Mazaricos (A Coruña).

Os interesados en participar nestes programas poderán facer a reserva da súa praza a través da chamada telefónica nos teléfonos 981545937/545702/541689/545822 en horario de 09,00 a 14,00 horas de luns a venres, a partires do próximo martes, 17 de xaneiro.

O prezo para tomar parte das actividades, que estarán dirixidas por monitores, é de 60 euros para os posuidores do carné xove e de 80 euros para os que non dispoñan del. A contía inclúe o aloxamento e pensión completa entre o venres e o domingo, así como o desenvolvemento das propias actividades e o desprazamento ata o lugar onde se realizan.

No albergue de Gandarío desenvolverase o programa ‘Dende o mar’, que contará con 24 participantes cada fin de semana. Os mozos e mozas poderán realizar actividades náuticas de navegación en cruceiro; de turismo mariñeiro cun percorrido en kaiak; e de multiaventura de windssurf e barco escola. As quendas nesta instalación serán de catro fins de semana.

Pola súa banda, no aeródromo da Fervenza terá lugar o programa ‘Dende o Ar’, no que 30 participantes por fin de semana realizarán actividades de multiaventura como rappel, escalada, ruta en bicicleta, tiro could e náuticas como o piragüismo. Nesta instalación ofrécese a posibilidade opcional de realizar voos en ultralixeiro sobrevoando o encoro da Fervenza o unha ruta en barco polo mesmo emprazamento.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar