750.000 euros para incentivar o sector téxtil

A Consellería de Economía e Industria destinará 750.000 euros a unha liña de axudas centrada na internacionalización e mellóraa competitiva do sector textil co fin impulsar o crecemento desta actividade.

Nun comunicado, o departamento que dirixe Javier Guerra detallou que esta liña de subvencións enmárcase no ‘Plan Textil Moda Galicia Visión 2020’, iniciativa que ten como fin mellorar a competitividad do sector textil galego tanto nos mercados nacionais como internacionais.

Deste xeito, con esta convocatoria, o Executivo autonómico pretende incentivar o desenvolvemento de actuacións e estratexias de difusión, promoción e acceso a mercados que xeren vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamiento das empresas galegas nos mercados de carácter internacional.

En concreto, esta liña de axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) beneficiarán a 46 empresas con outros tantos proxectos. Estas cifras, como indicou Economía e Industria, superan nun 28 por cento ás do anterior exercicio.

Segundo recordou a Administración galega, ‘Plan Textil Moda Galicia Visión 2020’ da Xunta axuda ás empresas a buscar novas rutas e establecer novas relacións comerciais que permitan aos emprendedores galegos distinguirse nos mercados internacionais, dotándose de novos instrumentos que fagan posible competir no mercado.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar