Arranca Compostela Rock cos irlandeses The Answer

 

Os irlandeses The Answer serán os encargados de inaugurar este sábado, día 14, na Sala Capitol de Santiago o festival Compostela Rock, a nova aposta da concellaría de Cultura do concello compostelano.

A banda, elixida por AC/DC como teloneros da súa última xira mundial, chega a Santiago para ofrecer o seu único concerto en Galicia tras pasar por Madrid, Barcelona e Bilbao para presentar o seu último disco ‘Revival’.

O ciclo Compostela Rock alongarase durante todo o ano e celebrará concertos de rock, pop e xéneros próximos en distintas situacións da cidade. A súa próxima cita será tamén na Sala Capitol o 10 de febreiro co concerto de presentación de Corizonas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar