O IPC galego baixa tres décimas e sitúase no 2,5 %

Galicia rexistrou o pasado mes de decembro unha taxa interanual do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) do 2,5%, seis décimas por debaixo da rexistrada pola comunidade no mes de novembro, segundo os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE).

Por outra banda, con respecto ao mes anterior, en Galicia os prezos permaneceron invariables durante o mes de decembro, mentres que na media do Estado medrou unha décima (0,1%). Desta forma, a Comunidade pechou o ano 2011 cunha taxa acumulada do 2,5%, unha décima por riba do conxunto de España (2,4%).

Na evolución por capítulos, os grupos que tiveron un comportamento menos inflacionista en decembro en Galicia en relación a novembro foron os de ‘Vestido e calzado’ (-1,4%), ‘Transporte’ (-0,2%) e ‘Bebidas alcohólicas e tabaco’ (-0,1). Por outro lado, o apartado que presenta unha maior suba dos prezos é o de ‘Ocio e cultura’ (1,6%).

Na evolución anual, os grupos que rexistraron un mellor comportamento do IPC foron o de ‘Medicina’ (-2,3%), e ‘Comunicacións’ (-1,6%). Pola contra, os que presentan un maior incremento son ‘Vivenda’ (7,0%), e ‘Transporte’ (4,6%).

 

Índices provinciais

En relación cos índices provinciais, con respecto ao mes anterior, os prezos baixaron en decembro dúas décimas (-0,2%) en Ourense e estiveron estables en Pontevedra. En termos interanuais, as provincia nas que menos medraron en 2011 foron Lugo e Pontevedra (2,4%).

 

  IPC Intermensual IPC Acumulado 2011 IPC Interanual
GALICIA 0,0 2,5 2,5
ESPAÑA 0,1 2,4 2,4

 

  IPC Intermensual IPC Acumulado 2011 IPC Interanual
A CORUÑA 0,1 2,7 2,7
LUGO 0,1 2,4 2,4
OURENSE -0,2 2,5 2,5
PONTEVEDRA 0,0 2,4 2,4

 

VARIACIÓNS INTERANUAIS E INTERMENSUAIS DOS 12 GRUPOS

 

 

VARIACIÓN ANUAL

 

VARIACIÓN INTERMENSUAL

 

 

 

 

 

  Galicia España Galicia España
Alimentos e bebidas non alcohólicas 2,7 2,1 0,4 0,3
Bebidas alcohólicas e tabaco

3,7

 

4,2

 

-0,1

 

0,0

 

Vestido e calzado

0,3

 

0,3

 

-1,4

 

-1,4

 

Vivenda 

7,0

 

5,8

 

0,1

 

0,1

 

Enxoval 

1,6

1,1

 

0,3

 

0,1

 

Medicina 

-2,3

 

-2,8

 

0,1

 

0,1

 

Transporte 

4,6

 

4,9

 

-0,2

 

-0,2

 

Comunicacións 

-1,6

 

-1,6

 

0,0

 

0,0

 

Ocio e Cultura  0,6 1,3 1,6 2,2
Ensino  3,2 2,8 0,1 0,0
Hoteis, cafés e restaurantes  1,6 1,2 0,2 0,2
Outros  2,0 2,7 0,1 0,2

 

 

 Xeral 2,5 2,4 0,0 0,1

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar