Feijóo acepta o control do gasto das comunidades autónomas

   O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xustificou este xoves a posibilidade de que o Goberno central sancione ás comunidades por incumprir os criterios de déficit ao entender que o que fai é «trasladar» os criterios da Unión Europea (UE) en relación á sanción de países membros, se ben urxiu ao Estado a acometer cambios lexislativos para que as autonomías poidan cumprir coas súas obrigas.

   Non en van, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente admitiu que as comunidades teñen «gastos superfluos», pero remarcou que o «groso» do déficit público deriva de «decisións lexislativas ou normativas» impulsadas polo Goberno central, ao que instou a promover novas normas que «equilibren» o gasto «obrigado» das comunidades cos criterios de déficit.

   En calquera caso, destacou que a intención do seu Executivo é seguir «pola senda de cumprir cos criterios de déficit» e destacou que, de aplicarse amoestacións, Galicia «non sería sancionada, posto que as Comunidade galega e a de Madrid foron as únicas en cumprir cos obxectivos marcados nos últimos exercicios.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar