Morre unha muller nun incendio na sua casa en Vilagarcía

Unha muller de 67 anos de idade que vivía soa faleceu este martes debido ao incendio rexistrado na súa vivenda no municipio de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), que obrigou a desaloxar o edificio por completo.

Ás 7.09 horas deste martes un particular alertou dun incendio no edificio ‘Casino’, situado na rúa Castelao de Vilagarcía.

Foron mobilizados os bombeiros, Protección Civil, Policía Nacional e Policía Local, que confirmou que o edificio foi desaloxado por completo debido ao incendio localizado nun segundo andar.

Os efectivos atoparon senvida á muller, M.A.M.J., de 67 anos de idade, segundo precisaron fontes policiais, no interior do segundo piso no que supostamente comezou o incendio.

A Policía Científica determinou que a orixe do inmcemdop estivo nunha estufa eléctrica situada preto da cama na que durmía a vítima, segundo confirmaron a Europa Press fontes da investigación.

Axentes da unidade da Policía Científica acompañados polo xefe dos bombeiros de O Salnés inspeccionaron a primeira hora da tarde a vivenda afectada polo lume, o que confirmou a hipótese manexada dende o primeiro momento polos membros do equipo de extinción, que as lapas se iniciaron no colchón da cama na que durmía M.A.M.J., de 67 anos, única ocupante da vivenda situada na segunda planta do edificio ‘Casino’, na rúa Castelao de Vilagarcía.

Xunto aos restos queimados do colchón do cuarto da vítima, os investigadores acharon unha estufa eléctrica que, a falta do informe final dos peritos, cren que foi a que orixinou o incendio.

Aínda que a anciá era fumadora habitual e no seu cuarto se acharon varios chisqueiros, os investigadores consideran improbable que as lapas se orixinasen por un cigarro, sobre todo tendo en conta a hora á que se produciu o sinistro, en torno ás sete da mañá.

TRAXEDIA
Tanto os bombeiros como o responsable de seguridade cidadá do concello de Vilagarcía coincidiron en sinalar que a traxedia podía ser «aínda moito maior» en caso de que o incendio se declarase en plena noite, xa que se detectaría máis tarde e as lapas se poderían estender ao resto das oito plantas do edificio.

A falta do resultado oficial da autopsia, todos os indicios fan pensar que a anciá faleceu asfixiada.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar