A venda de música dixital supera á de discos en EE.UU

Por primeira vez na historia a música dixital supera en vendas á música en soporte físico. Segundo un informe de Nielsen e Billboard, as vendas de música dixital supuxeron o 50,4% das vendas totais de música en 2011. Isto débese a que as vendas dixitais subiron un 8,4% respecto de 2010 fronte ao descenso do 5% da música en soporte físico.

Para facerse unha idea do auxe das vendas dixitais, só na última semana do ano obtívose un volume de 3,5 millóns de vendas. Moitas desas foron grazas á cantante británica Adele, cuxo álbum 21 foi o máis vendido tanto nas tendas como na Rede. Tamén o seu éxito Rolling in the Deep foi a canción máis descargada do ano, con 5,8 millóns de descargas.

O crecemento das vendas dxitais tirou das vendas totais da industria musical, que viu como o total de vendas (sumando dixitais e físicas) crecía por primeira vez desde o ano 2004. En 2011 este volume aumentou un 1,3%, con 331 millóns de unidades.

Os expertos apuntan a que a preferencia polo dixital seguirá en aumento. Así o asegura Brian Zisk, productor executivo de SF MusicTech Summit, quen cre que «o formato plástico non era o formato óptimo para vender música». «É máis san para o ecosistema vender en formato dixital en lugar de en formato físico. Ese é o futuro e é o camiño que se está seguindo».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar