Os sindicatos aceptan unha suba salarial inferior ao IPC

En nome de CCOO e do seu propio sindicato,UGT,  Cánddido Méndez informou do plantexamento conxuto  a CEOE e Cepyme: aceptar que  os salarios suban por baixo do IPC de xeito excepcional durante 2012 e 2013, con cláusula compensatoria en 2014; que as empresas poidan converter emprego a tempo completo en emprego a tempo parcial, pero de xeito «reversible», e que os empresarios poden descolgarse con máis flexibilidad do pactado en convenio.

 

Tamén sinalou que propuxeron ás organizacións empresariais a creación dun fondo de capitalización, subvencionado co diñeiro que adoita darse ás empresas en concepto de bonificaciones á contratación, para que poidan pagar con el parte das indemnizacións por despedimento.

Seguindo as indicacións do presidente Rajoy, que marcou a data de Reis para un acordo entre empresarios e sindicatos, as centrais  plantexan aos empresarios que durante 2012 e 2013 se poidan converter contratos temporais en contratos indefinidos de fomento do emprego estable  sen que o tempo traballado como temporal compute a efectos da indemnización por despedimento.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar