O BNG asume un escano por rotación no Parlamento europeo

O presidente de ERC, Oriol Junqueras, deixa o seu escano no Parlamento europeo coincindo co novo ano e será substituído por Ana Miranda, do BNG, partido co que os republicanos se presentaron en coalición –xunto con outras formacións– nas eleccións europeas de 2009.
En concreto, Miranda poderá facer uso das dependencias do Parlamento Europeo a partir deste 1 de xaneiro, pero non exercerá oficialmente a súa condición de eurodeputada ata o día 16 dese mes, nunha sesión plenaria que terá lugar na sede de Estrasburgo
O BNG proponse traballar a partir do 1 de xaneiro no Parlamento Europeo en favor dos «sectores produtivos» da Comunidade e coa intención de «ser a voz dos galegos» en Europa, un labor para o que, en primeiro lugar, presentará iniciativas de defensa do naval, a pesca e a agricultura da Comunidade.
Así asegurouno a nacionalista Ana Miranda, que se converterá coa chegada de 2012 en eurodeputada polo BNG coa intención de que «Galicia teña representación directa» en Europa a través do BNG, que «defenderá exclusivamente os dereitos dos galegos» como «único compromiso».
RETOS
En particular, de cara a 2012, Ana Miranda enfrontarase a cuestións como a reforma dos Fondos Europeos de Cohesión, a Política Pesqueira Común ou a Política Agraria Común, cuestións relacionadas con sectores económicos de importancia en Galicia e que se atopan en «enormes dificultades».
En relación a esta cuestión, a nacionalista explicou que as súas primeiras iniciativas irán encamiñadas á defensa do sector naval, tanto no relativo ao veto de Astano coma en relación ao naval de Vigo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar