Feijóo ultima la remodelación de la Xunta

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, declarou en Madrid que en breve se comunicarán «algunhas informacións» sobre os relevos nas consellerías de Facenda e Sanidade despois de que os seus ata agora responsables, Marta Fernández Currás e Pilar Farjas, tomaran posesión, respectivamente, como secretaria de Estado de Presupostos e Gastos e secretaria xeral de Sanidade.  A declaración abre duas posibilidades: o nomeamento dos sustitutos ou a fusión dalgún departamento.

Tras asistir ao acto de investidura de Currás en Madrid e antes de facer o propio con Farjas, Feijóo agradeceu ao presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, que confiara en dúas políticas galegas para ocupar «dous postos claves» no Executivo central dende o punto de vista do «benestar» sanitario e dos presupostos de gastos relativos aos Fondos Europeos.

Así, o presidente da Xunta destacou a «boa canteira» de políticos que ten a comunidade e asegurou que grazas a iso o próximo Goberno da Xunta, tras a saída das dúas conselleiras, seguirá sendo «excelente».

«Galicia acredita que ten canteira abonda como para seguir formando un Goberno suficiente», insistiu Feijóo para recalcar que nas «próximas horas» se dará a coñecer «algunha información dos novos membros do Executivo que tomarán posesión, sen dúbida, esta semana.

«SOSTEMENTO» E «VIALIDADE» DA SANIDADE

Dito isto, e respecto á proposta dos farmacéuticos galegos de que sexa o propio paciente que pague os medicamentos que custen dous euros, o presidente da Xunta destacou a importancia de manter o Sistema Nacional de Saúde a través da busca do «sostemento» e a «viabilidade».

Neste sentido, Feijóo advertiu de que non se pode seguir «xestionando a sanidade sen pagar os provedores». «Non podemos seguir vivindo cunha débeda do Sistema como a que temos», subliñou.

Por iso, mostrouse confiado en que tanto a ministra de Sanidade, Ana Mato, como Pilar Farjas realizarán unha proposta «meditada e responsable» ás comunidades autónomas que permita pagar a débeda e manter os servizos sanitarios nun «nivel de excelencia».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar