Detenidos en Vigo catro rumanos por agresión sexual en plena rúa

 

   Axentes do Corpo Nacional de Policía da Comisaría de Vigo, en coordinación con axentes da Policía Local, detiveron a Adrian O., de 22 anos de idade; Ión O., de 29 anos; Aurelian G., de 30 anos; e a Paul Florin, de 32 anos, como presuntos autores dos delitos de lesións, agresión sexual e resistencia á autoridade.

   Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na madrugada do pasado venres, cando un grupo de mozos –tres rapazas e dous rapaces– que camiñaba pola rúa do Príncipe foi abordado por estas catro persoas dende atrás. Os detidos meteron a man por debaixo da roupa de dous das mulleres, agarráronlles fortemente os peitos e arrastráronas cara a atrás.

   Nese momento comezou unha disputa, xa que os noivos das rapazas agredidas se enfrontaron a este grupo. No transcurso da disputa, os novos romaneses agrediron un dos rapaces cunha botella na cabeza, causándolle unha ferida sangrante.

   O 091 recibiu o aviso de que había unha persoa ferida na rúa do Príncipe, que fora vítima dunha agresión por parte dun grupo de varóns, ao parecer de nacionalidade romanesa. Tras establecerse o correspondente dispositivo policial, en coordinación coa Policía Local, os axentes localizaron os presuntos autores dos feitos na confluencia das rúas Velázquez Moreno e Progreso.

   Cando se decataron da presenza policial, os sospeitosos trataron de fuxir en dirección opostas, pero foron finalmente interceptados, e comprobouse a súa identidade e nacionalidade, e que non tiñan antecedentes policiais. No momento da detención, os rapaces –aos que se lles interveu unha botella de cristal baleira– ofreceron gran resistencia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar