Currás, xa secretaria de Estado, asegura que as administracions «están condenadas a entenderse»

   A secretaria de Estado de Presupostos e Gastos e exconselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, sinalou no acto de toma de posesión do seu cargo que todas as administracións «están condenadas a entenderse» ante o desafío que afronta España e garantir a converxencia das rexións.

   Pola súa banda, o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, avanzou que o Goberno seguirá traballando de xeito «urxente» esta semana para aprobar novas medidas no Consello de Ministros do xoves, despois do paquete de axuste aprobado a semana pasada, que incluía un recorte do gasto de 8.900 millóns e un aumento de ingresos de 6.200 millóns.

   «Ata que non estean pechadas as contas non podemos adiantar máis do que adiantamos», explicou Montoro, remarcando que «polo tanto non hai cambios», e se limitou a remarcar que a prioridade do Goberno é «taponar o déficit» e reequilibrar as contas tanto da Administración Central coma das comunidades autónomas e os concellos.

   Para iso hai que actuar con reformas que afecten o conxunto das administracións públicas e os seus traballadores, convertendo os funcionarios nos seus «pioneiros» para garantir a eficiencia dos servizos públicos. «Os cidadáns non necesitan uns servizos públicos infinanciables», advertiu.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar