Deputados, conselleiros e presidente fan público o seu patrimonio

O patrimonio persoal dos deputados do Parlamento de Galicia e dos membros do Consello da Xunta ten carácter público por decisións tomadas, respectivamente, polo pleno da cámara lexislativa galega e polo Consello do Goberno galego, e está accesible para tódolos cidadáns a través do Boletín Oficial do Parlamento e no Diario Oficial de Galicia, respectivamente.

 

 -Acceso ó BOLETIN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA (Declaración de bens dos deputados) 9 MEGAS

 

-Acceso ó DIARIO OFICIAL DE GALICIA (Declaraciónde bens do presidente e os conselleiros) 

 

 

VALORACIÓN POSITIVA

 Os tres grupos parlamentarios galegos –PPdeG, PSdeG e BNG– mostráronse satisfeitos este venres despois de que todos deputados cumprisen con trámite de entregar as as súas declaracións de bens para publicar en Cámara galega, algo que foi de carácter voluntario. Todo iso, co compromiso de fondo de impulsar unha reforma no Parlamento que faga deste trámite unha acción obrigatoria.

   De feito, o acordo alcanzado polos grupos en outubro deste ano tamén incluía impulsar unha iniciativa lexislativa conxunta para reformar a regulación electoral e transformar o pacto en imperativo legal. «Agora o que cumpre é converter o que era voluntario en algo que sexa de carácter legal», afirmou este venres, en declaracións aos medios, o voceiro do Grupo Parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, aludindo desta forma ao mencionado compromiso.

   Pola súa banda, o seu homólogo do PSdeG, Abel Losada, reivindicou que os socialistas «tomaron a iniciativa» neste ámbito e, deste modo, esperou que se poida estender este trámite aos altos cargos da Xunta, e non unicamente quedar na dos membros do conselo.

   De feito, este acordo parlamentario dos tres grupos adoptouse despois de que o Grupo do PSdeG autorizase á Presidencia da Cámara, por rexistro parlamentario, dar a coñecer os bens e patrimonios dos deputados, información que ata ese momento residía unicamente na Comisión do Estatuto do Deputado, a única que é pechada aos cidadáns.

   Carlos Aymerich, voceiro do Grupo do BNG, considerou que este paso, nun momento en que se está a ver como «a Unión Europea quere que a crise a pague a maioría social», supón unha medida de «transparencia» que serve para «combater a outra cara da moeda», é dicir, «a crise da política».

   Tamén o deputado do BNG Bieito Lobeira se pronunciou este venres e, preguntado en rolda de prensa, estimou que é necesario a reforma do Regulamento, dunha forma moito máis profunda, para mellorar a transparencia nas retribucións dos cargos públicos como no tocante a maior axilidade e democratización desta institución».

   Pedro Puy destacou o «esforzo de transparencia» que se levou a cabo no Parlamento de Galicia e, ao igual que Aymerich, remarcou que este paso permite «mellorar a confianza» nos políticos. «É unha mostra clara do compromiso coa transparencia», reafirmouse o deputado popular, quen recordou que agora os cidadáns poderán controlar a evolución dos patrimonios directamente.

   Abel Losada, que si considerou a necesidade de estender a publicación dos patrimonios a todos os altos cargos da Xunta, despois de que este venres o cumprisen os 10 conselleiros e o propio presidente (como xefe do Executivo e deputado), pediu «prudencia» en canto á reclamación de ampliar as declaracións a cónxuxes ou familiares directos dos deputados.

   «Medidas como esta, de transparencia, axudan a establecer esa confianza nos cidadáns, e axudan a saber que estamos aquí para servir á xente e non dende logo, para enriquecernos», remachou, pola súa parte, Carlos Aymerich.

 

 

ACCESO Ó DOG

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar