A candidatura do dominio .gal será presentada en xaneiro

 

 

A Secretaría Xeral de Modernización explicou que ultima, xunto á Asociación PuntoGal, a presentación da candidatura do dominio ‘.gal’ en Internet para o día 13 xaneiro.Con este fin os representantes da Asociación mantiveron un reunión coa titular de Modernización, Mar Pereira, para ultimar a inminente presentación do dominio na rede.
   O obxectivo de PuntoGal é establecer un dominio en Internet para a comunidade cultural e lingüística galega, o ‘.gal’, baixo o que poderán rexistrarse aquelas entidades, empresas ou persoas que se expresen en lingua galega e contribuían ao fomento da cultura galega.
   En total, son 108 as entidades adheridas ao PuntoGal, incluídos máis de 20 centros de emigrantes noutras comunidades autónomas e noutros países como Portugal, Francia, Suiza, Alemania, Bélgica, Arxentina, Estados Unidos, Uruguay ou Brasil.
   Conforme detallou a Xunta, as achegas da Secretaría Xeral para impulsar o dominio destináronse a varias actuacións como posibilitar a presenza dos asesores técnicos de PuntoGal nos encontros que a Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (Icann) e outras entidades vinculadas ao reglamento da rede celebraron en Belgrado, Munich e Cartagena de Indias.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar